Ruta: Queguas-Fecha do Fragón (O Xurés)
Río da Montaña e Corga das Rozadas
Queguas-Fecha do Fragón
Distancia: 8 km (ida e volta)
Dificultade: media-alta
Duración: 4 horas
Unha ruta que segue o curso do río da Montaña e o seu afluente Corga das Rozadas, que baixan dos cumes do Leboreiro nunha serie continuada de rápidos e pequenos saltos. No contorno consérvase unha boa vexetación de ribeira, matogueiras e reboleiras. Os saltos máis destacados atópanse na Corga das Rozadas e no seu afluente Corga do Fragón.