Ruta: Pozo do Inferno (Río Barbantiño)
Pozo do Inferno
Percorrido polo río Barbantiño ata as fervenzas do Pozo do Inferno. O río Barbantiño, afluente do Miño, discorre por unha zona encaixada entre os concellos de Maside (parroquia de Armeses) e Amoeiro (parroquia de Parada). A erosión do río nas rochas graníticas forma rápidos, pozas e fervenzas de gran beleza. A máis alta mide uns 10 m en varios saltos.