Ruta: Pozas da Freixa. Pontecaldelas
Pozas da Freixa (Verdugo)
Un percorrido ata as fervenzas das Pozas da Freixa no río Verdugo, entre os lugares de Parada e A Rocha (Pontecaldelas). O río forma un estreito canón de moi dificil acceso nunha zona aproveitada por unha minicentral. Catro saltos sucesivos salvan 40 metros, formando grandes pozas no leito granítico do río. A situada máis abaixo é a de maior caída, de máis de 10 m.