Ruta: Lagoa de Sobrado
Unha camiñada para coñecer unha das lagoas máis fermosas de Galiza no concello de Sobrado
A lagoa de Sobrado é unha masa de auga de orixe artificial de pouca fondura (1,5 m de media) froito da construción dun dique para a contención, almacenamento e aproveitamento de augas de varios regatos (Rodelo, Fontevirtú…) que forman parte das fontes do río Tambre. Ten poucas variacións estacionais.
Despois de cinco séculos aparece perfectamente naturalizada e forma un ecosistema acuático de grande importancia a nivel botánico e faunístico. Constitúe o arranque do corredor ecolóxico que forma o río Tambre e serve de conexión coa bacía do río Mandeo, que nace a pouca distancia.