Un percorrido polo contorno da Lagoa de Cospeito
O motivo para visitar a lagoa de Cospeito (Feira do Monte-Lugo) é a súa singularidade e a riqueza biolóxica que acolle. Ademais dunha abondante vexetación propia dos humidais (especies de plantas acuáticas e de ribeira) e das matogueiras, hai algunhas especies moi pouco comúns. O máis destacado é a fauna acuática, especialmente aves e insectos.
Foi declarada Refuxio de caza en 1986 e forma parte do LIC “Parga Ladra Támoga” e da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.
Color: