Ruta: Fraga do Eume
Ruta da Ventureira (circular de 6 km), á que se accede desde Pontedeume.
Unha primeira visita, que nos achega aos lugares máis representativos do Parque Natural e LIC Fragas do Eume, unha das mellores representacións de fraga atlántica europea, cunha gran riqueza e diversidade biolóxica á que hai que engadirlle a beleza da paisaxe, de espectaculares panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas.