Ruta: Firvia de Oneta
La Firvia de Oneta (nun afluente do Navia, en Asturias)
O río de Oneta é un afluente do Navia que baixa das abas do Picón e ten un curto percorrido con moitos desniveis no que o río forma varios saltos. Desde Oneta (Villayón- Asturias) unha ruta sinxela, indicada, cunha forte pendente no tramo final lévanos ao pé da “Firvia” e seguindo o río por unha levada chégase á segunda fervenza “Firvia de abaixo”.