Ruta: Fevenzas das Olas (Vilardevós)
Rego do Pontón (Mente)
Un percorrido polo rego do Pontón e as fervenzas da Cidadela, a parroquia de Soutochao do concello de Vilardevós. O rego do Pontón é un afluente do Mente que vai moi encaixado e forma numerosos saltos e rápidos. A fervenza máis grande cae uns 15 m do alto dunha crista de cuarcitas, e máis adiante ten varios rápidos e dúas fervenzas máis pequenas. A vexetación é de tipo mediterráneo: aciñeiras, erbedos, xaras, breixos, carqueixas, cantroxo…