Ruta: Fervenzas no río Cambás (Aranga)
Río Cambás e Palanca.
Unha ruta a pé no concello de Aranga, nas parroquias de Aranga e Cambás.
O río Cambás é un afluente do Mandeo que se forma coa confluencia do Rego da Loba ou Ponte das Ovellas que ven da Serra da Loba e o rego da Palanca que ven do Cordal de Montouto. No seu percorrido atravesan formacións de lousas e neis con algún afloramento de cuarcita e escavan profundos canóns onde se combinan rápidos e fervenzas.
Nos vales destes dous ríos consérvase a fraga das Barbudas, un bosque autóctono de gran interese.