Ruta: Fervenza das Hortas (Arzúa)
Fervenza das Hortas (Ulla)
Na localidade de As Hortas, parroquia de Dombodán, do concello de Arzúa. O Río Ufa, Santa Marta ou da Fervenza, afluente do Ulla, ten un curto percorrido no que discorre por canóns e forma varias fervenzas e rápidos. A fervenza principal cae duns 20 m de altura en neis mesturados con cuarcitas. A zona conserva un bo bosque de ribeira de moi dificil acceso e está aproveitada con varios muíños.