Muíños do Folón e do Picón
Muíños do Folón e Picón, no Rosal.
Unha ruta a pé no concello do Rosal que nos permite percorrer un dos conxuntos de muíños máis numeroso e singular do país formado por dous grupos. Os do Picón son 25 muíños que aproveitan a mesma canle de auga. Os do Folón son un 36 muíños encadeados de xeito que a auga que sae de un é aproveitada polo seguinte. Aparecen citados en documentos do século XVII e foron declarados pola Xunta de Galicia como “Bens de Interese Cultural”.
A zona está indicada e habilitada para facer rutas de sendeirismo.