Canón do Mao entre Forcas e San Lourenzo de Barxacova
Unha ruta que pode ser lineal ou circular e que pode conectarse co tramo final do curso do río Mao onde hai outra ruta acondicionada. Un percorrido pola levada de auga da antiga central que discorre en parte escavada e en parte apoiada nas impresionantes paredes graníticas do canón do Mao, para gozar de fermosas e espectaculares vistas, do xogo da auga e da pedra nos numerosos rápidos e fervenzas, das cores do bosque e de elementos de interes histórico. Tamén podemos ver varias fervenzas no propio río Mao e nos seus afluentes rego de Forcas e rego da Senra.
Color: