Ruta polos Penedos de Traba e Pasarela
Un percorrido polos penedos máis representativos da paisaxe Protexida "Penedos de Trana e Pasarela".
O macizo de Pasarela e Traba forma parte da serra de Pena Forcada, unha serra de pequenas alturas que se extende paralela á costa, con direción E-O, desde as proximidades de Laxe ata a Punta do Boi. Os cumes máis destacados son a Galla de Pena Forcada (269 m) e a Torre da Moa (274 m).
Está formada por granitos nos que a erosión creou curiosas figuras. Cun pequeno esforzo de imaxinación podemos atopar formas suxerentes en cada pedra que cambian coa nosa posición, coa luz e a orientación.
A ruta pode facerse desde Pasarela (Vimianzo) ou desde A Costa (Laxe).