Ruta DesOrdes Creativas
Percorrido polos murais do concello de Ordes
Ordes foi a primeira vila galega en acoller e promover o desenvolvemento da actividade creativa muralística. A primeira en crear un festival de arte mural “para transformar espazos en desuso ou abandonados en lugares de vida e cor para o goce colectivo que, a maiores de ser unha ferramenta de rexeneración urbana van convertendo a contorna nun grande museo a ceo aberto”; e desde o ano 2009 dalle continuidade a iniciativa traendo á vila cada segunda semana do mes de agosto unha selección de artistas dos mellores do panorama internacional.