Ruta: castros de Cualedro
Castros de Saceda e San Millán (Cualedro)
Unha ruta para visitar dous castros senlleiros que se atopan moi próximos dentro do concello de Cualedro. O castro de Saceda, ocupado arredor do 450 a. de C. e o de San Millán do periodo tardorromano (s. III-IV d.C.). Ambos conservan un bos sistemas defensivos. Compleméntase coa visita a unha pequena fervenza no rego do Picho.
Mellor na primavera, para gozar da interesante vexetación con mestura de especies mediterráneas e atlánticas.