Ruta: A Toxa
Illa da Toxa (O Grove)
A illa da Toxa está situada nun entorno privilexiado ao abrigo, e ao pé da vila do Grove, dentro dunha área natural de gran importancia ecolóxica protexida co LIC, ZEPA e Humidal Ramsar.
Na Toxa, ademáis do percorrido turístico habitual, no que podemos descubrir a fermosura da paisaxe, cos espellos da luz e o mar na enseada, facer a imprescindible visita á capela das cunchas e ver os edificios do que foi un dos principais centros balnearios de Galicia; podemos gozar doutras novidades. Unha interesante camiñada polo piñeiral que ocupa o centro da illa, un paseo pola beira do mar, onde é posible, na que podemos ver o traballo das mariscadoras, e, nas épocas de paso, observar numerosas especies de aves acuáticas.