Ruta da Fraga: San Xoán de Río
A Fraga, no canón do Navea
Unha ruta que percorre fragas frondosas polas abas do canón do Navea en territorio de San Xoán de Río. Podemos gozar da biodiversidade das fragas atlánticas, da contemplación de castiñeiros monumentais e pequenas fervenzas nos regos que caen ao Navea. Pódese facer en calquera época do ano pero é recomendable especialmente no outono onde as cores do bosque se amosan en todo o seu esplendor.