Ruta: subida ao Mostallar
O Mostallar desde Piornedo
Subida ao Mostallar, na serra dos Anacres, desde Piornedo. Unha camiñada de montaña que nos vai permitir gozar dunha espléndida paisaxe e de fermosas panorámicas dos cumes dos Ancares galegos e leoneses, así como dunha rica flora e fauna das brañas, de prados de montaña e de matogueira. A mellor época é a finais de primavera e comezos de verán.