Ruta: serra do Galiñeiro
Unha camiñada polos montes do Galiñeiro
Unha camiñada pola Serra do Galiñeiro na que conflúen os concellos de Gondomar, Vigo e O Porriño. Para percorrer de 6 a 10 km (dependendo dos desvíos que fagamos) camiñando por pistas, cortalumes e carreiros de monte gozando da paisaxe, das pedras labradas por séculos de lume e choiva, da flora e a fauna e de vestixios históricos (petróglifos...).