Ruta: río Ortigal-Tres Bispos (Os Ancares)
Camiñaad polo val do Río Ortigal ata Tres Bispos
Un percorrido seguindo o curso do río Ortigal para achegarse ao circo glaciar de Tres Bispos, coa posibilidade de subir ata o cume. Podemos gozar de boas vistas do val e das fragas nas abas da Serra de Villous. A ruta discorre, en parte, polo abesedo de Donís, unha das mellores fragas dos Ancares.