Ruta: foxo do lobo do Suído
Foxos do lobo de Pigarzos e Portela das Travesas
Propoñemos nesta ocasión un roteiro combinado, en coche e a pé, que tamén se pode facer en bicicleta, para achegarnos a uns cantos deses elementos tendo no comezo e no cabo os foxos do lobo, un ao norte, no concello de A Lama, e outro ao sur, no concello de Covelo, e tanto un coma o outro moi preto das lindes do concello de Fornelos de Montes.