Ruta: Val da Morteira (Trevinca)
A Morteira (Xares-A Veiga)
O val da da Morteira é produto da acción glaciar. Está situado nas abas occidentais da Serra Calva, coroado polo Sextil Alto (1.757 m) e os Altos a Corraliza. Está incluído no LIC PENA TREVINCA e valado como coto privado de caza maior. Acolle importantes valores naturaris: lagoas de orixe glaciar (O Ocelo, Sextil, A Laceira), circo e val glaciar, bosques autóctonos, turbeiras... cunha variada flora e fauna natural e introducida (cervos, muflóns...).
No seu interior hai a posibilidade de facer diversas rutas. A ruta completa (uns 18 km) inclúe a visita ás lagoas, o fondo do val da Morteira e os bosques.