Ruta: Trevinca desde Fonte da Cova
Subida a Pena Trevinca desde Fonte da Cova
Unha ruta para chegar ao cume máis alto de Galicia, Pena Trevinca (2.127 m) que discorre pola fronteita entre Galicia e Castela-León. En todo o percorrido podemos gozar de impresionantes paisaxes con vales glaciares (Tera), lagoas (A Baña), nacentes de ríos, fragas (teixidal de Casaio). A cada paso atoparemos plantas e animais propios da alta montaña, entre elas algunhas especies endémicas. Recoméndase facela a finais da primavera para sumarlle a todo o anterior a maior variedade e cantidade de formas e cores.