Ruta: Tres Bispos (Os Ancares)
Subida ao cume dos Tres Bispos
Unha das rutas máis coñecidas dos Ancares galegos. No camiño podemos gozar de amplas panorámicas da serra dos Ancares e os vales dunha e outra banda (Galicia e León), as pegadas do glaciarismo, a vexetación da montaña con algunhas especies exclusivas (xensás, xenebreiros, lirios, cardos...), carballeiras e, se hai sorte, algúns animais.