Ruta: Serra do Careón
O Careón (Melide-Toques-Palas de Rei)
A singularidade do Careón atópase na súa composición mineralóxica de características únicas, con dominio das rochas serpentínicas de natureza ultrabásica, e no efecto que esta produceu sobre algunhas das plantas que se desenvolven nela. A serra do Careón acolle numerosas pequenas xoias da natureza xurdidas de milleiros de anos de evolución e adaptación a un entorno de características fisico químicas e ambientais singulares, e que neste pequeno espazo atopan as condicións necesarias para o seu desenvolvemento, plantas que teñen aquí a súa única e escasa representación mundial. Plantas que son modestas nas súas dimensións pero enormes na súa singularidade. O espazo está protexido dentro do LIC Serra do Careón que tamén inclúe as Gándaras de Melide e o curso do río Furelos.