Ruta: Pena Trevinca desde Vilanova
Pena Trevinca desde Vilanova polo Maluro
Unha ruta para coñecer a serra o Eixe e o cume máis alto de Galicia, Pena Trevinca (2.127 m). No camiño pásase polo pico Maluro (1.934 m) e polas cristas que separan os vales do Foio Castaño e as Meladas-Xares. En todo o percorrido podemos gozar de impresionantes paisaxes con vales glaciares, cristas de cuarcita, nacentes de ríos e prados de montaña. Ademais, a cada paso atoparemos plantas e animais propios da alta montaña, entre elas algunhas especies endémicas.