Ruta: Parque Natural Baixa Limia-Xurés: Serra de Queguas
Serra de Queguas
Unha ruta a pé pola serra de Queguas, dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, que discorre por zonas de montaña para gozar de espectaculares paisaxes do espazo natural galego e portugués. Ademais das vistas podemos descubrir a rica flora e fauna da zona e restos arqueolóxicos (dolme Casiña da Moura) e etnográficos (cortes ou cabanas de pastores).