Ruta: O Cebreiro
Unha achega ao Cebreiro
Unha visita ao Cebreiro pódese xustificar por moitos motivos: o seu interese estratéxico, pola súa situación ao pé da porta de entrada das vías de comunicación da metade norte de Galicia desde tempos moi antigos; o seu interese histórico, por ser o primeiro núcleo pola que entraban na Galicia actual os peregrinos do Camino Xacobeo Francés; polo seu interese paisaxístico, no corazón das Serras Orientais entre as esgrevias serras dos Ancares e o Caurel, e ao pé das fontes dos ríos Navia e Lor; polo seu interese etnográfico, pola presenza das pallozas, monumentos históricos, compendio de armonía, sinxeleza e eficacia, onde o bo facer das xentes amosan a súa capacidade de adaptación ao entorno e ao medio ambiente; polo seu interese artístico, pois o Cebreiro acolle a igrexa de Santa María, un exemplo da solidez e a firmeza das igrexas de montaña, construída cos materiais do entorno (lousas e xistos), perfectamente asentados para conquerir resistencia aos elementos e ao paso do tempo, unha armonía significativa e un carácter propio e distintivo.