Ruta: Lagoas de Pradorramisquedo
Lagoas en Pradorramisquedo (Viana do Bolo)
Pradorramisquedo é unha parroquia de Viana do Bolo, situada ao leste do concello, ocupando a última parte chan do val do Bibei entre as serras Calva, polo oeste, e Segundeira, polo leste; o seu núcleo de poboación é a única localidade galega que se asenta ao leste dos cumes das serras orientais. Forma parte do LIC Pena Trevinca e atópase no medio do maior conxunto de lagoas de montaña de Galicia. Ao atractivo das paisaxes hai que engadir unha rica e variada flora e fauna típica das áreas de montaña con ecosistemas de mato, lagoas e turbeiras nas que se atopan algunhas especies pouco comúns.