Rutas - Montaña

Ruta: Enciña da Lastra

Ruta pola parte alta de Enciña da Lastra (Rubiá).



Unha ruta pola serra de Enciña da Lastra para contemplar fermosas paisaxes da serra e do canón do Sil e gozar coa diversidade vexetal e animal. Ideal para facer en primavera, antes de que a calor se faga moi molesta. A serra de Enciña da Lastra é un Parque Natural situado no concello de Rubiá, facendo linde, nos cumes, con Zamora. O espazo protexido (3.151 ha) abrangue a Serra da Lastra e parte do val do Sil na zona de Covas. Está declarado tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), e LIC (unha área máis ampla). Un dos maiores intereses desta ruta reside na observación da diversidade vexetal que podemos ir atopando a cada paso do camiño e, máis raramente, de animais, sobre todo insectos, aves e réptiles.




  Referencia 1029
 

Color:

Elige una talla:
¡Selecciona una talla!
Vídeos de este producto:



   

También te puede interesar: