Ruta: Enciña da Lastra desde Biobra
Enciña da Lastra desde Biobra (Rubiá)
A primavera é o tempo para gozar do rexurdir da natureza. Propoñemos unhas camiñadas para adentrarnos nunha paisaxe con formas, cores e, sobre todo, olores pouco habituais na meirande parte do país; un percorrido polo Parque Natural “Serra da Enciña da Lastra”, un lugar no que as especiais características do solo, maiormente calcario, e o ambiente mediterráneo, contribúen ao desenvolvemento de especies pouco comúns no resto da Galiza e numerosos endemismos, especies que teñen neste espazo o seu único hábitat coñecido.