Ruta: Casa das Grallas (Riós)
Unha camiñada para coñecer unha curiosa cova na serra da Urdiñeira
Nos cumes da serra da Urdiñeira, a cabalo da raia que delimita os concellos de A Gudiña e Riós, atópase unha paisaxe singular, unha parede vertical de cuarcitas e xistos, materiais de dureza e consistencia diferente, nos que os séculos de erosión, deron lugar a curiosas formas e algúns agochos entre os que destaca pola súa estructura e situación a coñecida como Covas das Choias ou Casa das Grallas, unha cavidade que se abre en varios arcos cara ao leste e desde a que podemos gozar de fermosas panorámicas.