Ruta: Cabana Vella (Os Ancares)
Fraga da Cabana Vella (Os Ancares)
Unha ruta para coñecer unha das mellores representacións de fragas autoóctonas galegas na que podemos atopar acivros monumentais, carballeiras con exemplares senlleiros, vellos bidueiros e pradairos e algúns teixos, ademais dunha variada flora e fauna asociadas. No camiño podemos gozar de amplas panorámicas da fraga e da serra dos Ancares.