Ruta: Busbeirón-Val do Navia
Val do Navia e Busbeirón (Negueira de Muñiz)
Unha ruta para acadar o Busbeirón (cume da serra de Uría) e facer un percorrido polas pouco coñecidas poboacións da marxe dereita do Navia. Para gozar de amplas panorámicas e fortes pendentes sobre o río, no concello de Negueira de Muñiz e as terras dos arredores. Negueira de Muñiz é un dos concellos menos poboados de Galiza, factor ao que contribuíu a construción do encoro de Grandas de Salime, que anegou unha grande parte do territorio, no val do río Navia, e motivou o traslado de parte da súa poboación ás zonas desecadas da Terra Cha. Unha gran parte do territorio do concello atopase protexido no LIC “Negueira”.