Ruta: Armenteira-A Escusa
A Escusa desde Armenteira
Unha ruta polas abas do Castrove entre os concellos de Meis e Poio. Unha camiñada entre os dous puntos máis próximos dunha e doutra abas do monte Castrove que delimita, e domina, a comarca do Salnés, para gozar das súas panorámicas. Tamén unha ruta de enlace entre a ruta do rego da Armenteira e a ruta do monte Castrove. Pódese facer a pé ou en bicicleta de montaña.