Ruta xeolóxica Punta Lapa-P. Cabicastro (Sanxenxo)
Unha camiñada para facer en varias etapas polo litoral de Sanxenxo
Unha ruta lineal, con desvíos, pola costa do mar aberto entre as rías de Arousa e Pontevedra -mar da Lanzada (Punta Lapa) ata Punta Cabicastro- para gozar dunha boa camiñada por lugares pouco habituais (o rochedo na baixamar), da paisaxe e as forzas que a modelan, e dunha ampla e sorprendente diversidade xeolóxica.