Ruta costa de Bergondo
Desde o Pazo de Mariñán ata a praia de Gandarío
O litoral de Bergondo ten poucos accesos, xa que unha boa parte da costa, en especial a zona rochosa, está ocupada por propiedades particulares que non deixan paso ou son áreas moi escarpadas de complicada circulación, tanto a pé como en coche. Propoñemos unha ruta cuns puntos de parada que se pode complementar con camiñadas polos areais facendo coincidir a marea baixa.