Ruta Traba-Soesto
Ruta para coñecer a costa de Laxe desde Traba a Soesto.
Unha ruta que percorre parte da costa do concello de Laxe, nunha das áreas de maior interese ecolóxico da Costa da Morte. Para gozar de vistas panorámicas, formacións rochosas e unha rica flora e fauna e, se está bo tempo, completalo cun día de praia. Se nos interesa ver aves a mellor época é o inverno. Para as plantas a primavera e o verán. Para camiñar, calquera época.