Ruta Costa da Morte: Cabo Vilán-Arou
Un percorrido desde o Cabo Vilán ata Arou.
Ruta dunha grande riqueza xeolóxica, etnográfica, paisaxística e biolóxica. De contrastes entre cantís e praias de area fina sempre batidas polo mar. Para gozar de espazos abertos e da natureza en estado puro.
Ofrece moitas posibilidades de ampliación con desvíos á punta da Pedrosa, ao Monte Home do Corveiro, á Punta do Boi, á praia de Trece, a Santa Mariña e a Camelle. Pódese facer a pé, en bicicleta ou en coche (por pista de terra).