Ruta: praia do Trece
Unha ruta desde a Punta do Boi ao cabo Veo.
Un tramo da Costa da Morte na ruta de Camariñas a Arou que conserva elementos de gran interese xeolóxico (coídos, praias, dunas remontantes e fixas, formacións rochosas) e ecolóxico (ecosistemas dunares e cantís).
Para gozar da paisaxe, da forza e da cor do mar, das múltiples manifestación do traballo do mar nas pedras, de praias case virxes e da maior concentración de camariñas de Galicia. Ruta lineal con saída do Cimenterio dos Ingleses e remate no Cabo Veo.