Ruta: pola costa de Aguiño
O litoral da boca norte da Ría de Arousa.
Ou de Aguiño a Aguiño dando a volta por Couso, Area Basta e A Graña. Entre 9 e 10 km por camiños, carreiros e laxes para dar unha volta pola costa desde Aguiño á Graña e volver a Aguiño pola beira das estradas e algúns camiños, en total unhas 3 horas de camiñada.