Ruta: faros da Costa Ártabra
Faros da Costa Ártabra (A Coruña)
Propoñemos unha viaxe en coche de aproximadamente 130 km, con pequenas camiñadas, aos faros da Costa Ártabra, entre Ortegal e Ferrol, nunha área que permite moitas posibilidades de ampliación, xa que nos atopamos nun dos espazos naturais máis destacados da costa galega con cantís, praias, lagoas, poboacións de interese e variadas posibilidades para facer rutas a pé.