Ruta: Valdoviño, da praia de Meirás á costa do Portiño
Unha camiñada entra praias e cantís
No concello de Valdoviño, na parroquia de Meirás, entre a península de Lavacerido e a punta do Porto fórmase unha pequena enseada nun tramo de costa moi recortado no que se atopan varias praias de pequenas dimensións, abrigadas e con características e orientacións diferentes o que permite aproveitalas en distintas horas do día e entre unhas e outras cantís de escasa altura ou zonas rochosas.