Ruta: Valdoviño, Monte da Vela
Monte da Vela, Montefaro e alto de Campelo
Unha camiñada para achegarnos ao espazo ocupado por antigas instalacións militares, das que se conservan diversas estruturas. O cume do monte da Vela é o punto máis elevado da costa de Valdoviño, desde el, a case 250 m sobre o mar, abránguense panorámicas de toda a contorna, de todos os saíntes da liña litoral, entre o cabo Prior e a punta Chirlateira, e do interior.