Ruta: Ponteceso, Monte Branco-Balarés
Unha ruta a pé pola desembocadura do Anllóns e parte da ría de Corme e Laxe.
Unha ruta moi variada na que se pode ver o esteiro do río Anllóns, dunas fixas e móbiles, cantís, praias... e unha rica flora e fauna, o contraste entre o mar de dentro e o mar de fóra e unha panorámica do conxunto desde o cume do monte Branco (Alto das Travesas).