Ruta: O Carreirón
Unha ruta circular a pé polo espazo Natural O Carreirón, na Illa de Arosa.
Unha ruta circular a pé, para gozar da paisaxe e dunha rica flora e fauna.
O Carreirón ocupa unha península na parte sur da Illa de Arousa cunha gran diversidade de ecosistemas: areais e praias, dunas, zonas rochosas, mato e áreas húmidas... A flora de maior valor ecolóxico atópase nas dunas onde se poden localizar numerosas especies protexidas. É lugar de invernada de limícolas: píldora cincenta, mazarico, bilurico, pilro... tamén se poden ver garzas, corvos mariños, parrulos, mergos... Forma parte do LIC “Ons O Grove” e está protexido tamén como ZEPA e humidal RAMSAR.