Ruta: Monte Louro
Unha ruta a pé arredor do Monte Louro, en Muros.
Unha ruta para gozar de fermosas vistas da praia de Area Maior, a lagoa das Xarfas e a ría de Noia. Para descubrir curiosas formacións graníticas e unha rica flora e fauna dunar e de marisma.
O Monte Louro é un cume illado que pecha a banda norte da ría de Muros e Noia. Está separado de terra por unha estreita faixa onde se atopa a praia e a lagoa das Xarfas.