Ruta: Illas Sisagas
Viaxe en barco desde Malpica e ruta pola Sisarga Grande
Unha ruta para coñecer a costa de Malpica, o Cabo Santo Hadrián e as Illas Sisargas (Grande, Pequena e Malante), desde o mar e observar as aves mariñas nos cantís. Na Illas Sisarga Grande faise unha ruta desde o embarcadoiro ata o faro na que podemos gozar de espectaculares vistas dos cantís das illas e da costa próxima. As gaivotas patiamarelas, que nidifican por toda a illa, vixiarán o noso paseo. O barco sae do porto de Malpica.