Ruta: Illa de Arousa Norte
Unha ruta pola costa NORTE da Illa de Arousa
Unha ruta circular, a pé ou en bicicleta, polo perímetro costeiro do norte da Illa de Arousa: O Cantiño, O Naval, O Faro, Barbafeita, Testos, Semoiño e O Cantiño. 6,5 km case todos eles acondicionados para gozar das paisaxes da propia Illa, da Barbanza e da costa da banda do mar, do interior da ría ata Cortegada e o exterior ata Rúa, Nor e Sálvora.