Ruta: Costa de Ribadeo (exterior)
Desde a illa Pancha ata a praia das Catedrais
Das catedrais á illa Pancha, ou da illa Pancha ás Catedrais. Unha camiñada por unha área costeira de grande interese xeolóxico e paisaxístico que forma parte da Rasa Cantábrica. A maior parte deste tramo de costa está protexida como LIC “As Catedrais” e o concello de Ribadeo ten solicitada a súa declaración como Parque Natural. A Illa Pancha forma parte do LIC e ZEPA Ría do Eo.